Ana de Austria
Ana de Austria
Raíña de Francia. Filla de Filipe III de Castela e Margarita de Austria, casou con Luís XIII de Francia en 1615. Rexente de Francia en nome do seu fillo Luís XIV (1643), gobernou con Mazzarino. Baixo a súa Rexencia liquidouse a Revolta da Fronda, púxose fin á Guerra dos Trinta Anos (Tratado de Westfalia, 1648) e asinouse o Tratado dos Pireneos (1659). O seu papel cesou coa morte de Mazzarino e o acceso ao poder de Luís XIV.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Valladolid -
Deceso
Lugar : París