Anableps

Anableps
[ANIMAL/ICT]

Xénero de peixes da familia dos cirpinodontiformes, duns 30 cm de lonxitude, de forma alongada e cor amarela verdosa; teñen os ollos grandes cunha estrutura especial que lles permite ver ao mesmo tempo no aire e na auga mentres nadan a rentes da superficie coa metade de cada ollo mergullada e a outra metade fóra da auga. Viven nas augas doces de América tropical.

Palabras veciñas

anaberxita | anabiose | anabiótico -ca | Anableps | anábole | anabólico -ca | anabolismo