anábole
anábole
(< gr ἀναβολή ‘ascensión, dilación’)
A partir de Homero, enténdese por anábole o preludio instrumental que introduce un canto. Máis tarde ampliouse o significado para designar calquera coral lírica non estrófica que avanza sen repeticións rítmicas ou métricas.