Anacreónticas
Anacreónticas
Colección de sesenta e dúas odas breves editadas en 1554 polo francés H. Estienne e atribuídas erroneamente a Anacreonte. Tiveron grande influencia durante o Renacemento e foron escritas no período comprendido entre a época alexandrina e os primeiros séculos despois de Cristo.