anacreóntico -ca

anacreóntico -ca

(

  1. adx [LIT]
    1. Ó xeito de Anacreonte.

      Ex: Oda anacreóntica.

    2. Na poesía grega e latina, dise de diversos metros, usados por Anacreonte, especialmente o dímetro iámbico cataléctico e o dímetro xónico con anaclase.

  2. s f [LIT]

    Composición poética de metro curto, polo xeral heptasílabo, de extensión breve na que o poeta canta con ton enxeñoso e irónico aos praceres da vida e dos sentidos cunha simboloxía literaria de orixe pastoral. As obras deste autor influíron en autores como Teócrito, Catulo e Horacio. O xénero foi representado no Renacemento e coa publicación das Anacreónticas (1554) iniciou unha tradición que callou especialmente na literatura románica. O momento culminante do xénero produciuse no s XVIII con Cadalso, Juan Pablo Forner, e Meléndez Valdés, entre outros.

Palabras veciñas

Anacre | Anacreonte de Teos | Anacreónticas | anacreóntico -ca | anacronía | anacrónico -ca | anacronismo