anáfora
(< lat anaphŏra < gr ἀναϕορά ‘elevación, repetición’)
-
s
f
[LING]
Termo manexado polos gramáticos gregos na retórica e resucitado polos lingüistas modernos, que designa o feito de que unha parte dunha frase sexa obxecto dunha referencia ulterior dentro da mesma frase ou doutra do mesmo discurso.
-
s
f
[LIT]
Repetición do mesmo termo ou grupo de termos ao comezo de dúas ou máis cláusulas sucesivas para reforzar o sentido ou darlle simetría.
-
s
f
[RELIX]
-
Parte central da misa, nas liturxias orientais, que se corresponde co limiar ou canon da liturxia romana. É a pregaria eucarística pronunciada sobre o pan e o viño, na que se fai presente que Xesucristo fixo a derradeira cea. A máis antiga conservada completa é a Anáfora de Barcelona (s IV). Coñécense preto dun cento, a maioría da época de ouro da patrística (ss IV-VI).
-
Nos ritos orientais, especialmente os non bizantinos, conxunto formado pola anáfora estrita, unhas pregarias precedentes e outras subseguintes (dende a oración da paz ata a bendición despois da comuñón).
-