analos
analos
s
m
[XOGO]
Divertimento orixinario da comarca de Ribas do Sil, entre Lugo e Ourense, que consiste en tocar cunha buxaina a un dos participantes ou pión que se coloca, á súa vez, no centro dun círculo, que previamente se debuxara no chan. Este mesmo xogador fai de pandote, recibindo todos os golpes dos demais participantes. Cando unha das buxainas non acerta, ou sexa, fai gorita, o xogador que errou pasa a ocupar o lugar do pión.