Anastasio/Anastasia

Anastasio/Anastasia
[ONOM]

Antropónimo procedente do grego cristián Anastásios, derivado de ἀ νάστασις ‘resurrección’. Este nome inventárono os cristiáns e puxérono de moda por mor da súa significación. Da forma feminina independizouse un antigo hipocorístico que xa hai varios séculos adquiriu por terras de Muros categoría de nome oficial: Tasia. Documéntanse 16 celebracións distintas de santo Anastasio pero non ten parroquia nin romaría propia en Galicia. Outras variantes deste nome son Tasio/Tasia.