Anastasio o Bibliotecario

Anastasio o Bibliotecario

(Roma 815 ? - 878 ?) Cardeal. Foi conselleiro de Nicolás I, de Adriano II (quen o nomeou, en 867, bibliotecario da igrexa romana) e de Xoán VIII. No 869 asistiu ao Concilio IV de Constantinopla (VIII concilio ecuménico), e foi tradutor das actas. Escribiu unha Chronographia tripartita (Cronografía tripartita), compendio de diversas crónicas bizantinas.

Palabras veciñas

Anastasio I | Anastasio II | Anastasio IV | Anastasio o Bibliotecario | Anastasio, santo | Anastasio, santo | Anastasio/Anastasia