Anastasio I

Anastasio I

Emperador romano de Oriente (491-518). Da familia valentiniano-teodosiana, foi coroado como consecuencia do seu casamento con Ariadna, viúva do Emperador Zenón. Detivo a revolta dos isaurios. Introduciu importantes reformas administrativas, foi monofisista e perseguiu os ortodoxos, feito que provocou as revoltas de Vitalián (513 e 515).