Anchorage

Anchorage

Cidade do Estado de Alasca, nos Estados Unidos, ao carón do Cook Inlet (226.338 h [1990]). Centro comercial que explota os recursos naturais dos arredores, e mineiro. A economía, sen embargo, baséase principalmente nas actividades de defensa gobernamental (bases aéreas militares). É tamén unha escala aérea para os voos, vía polar, que unen os Estados Unidos con Europa e Asia oriental.