Ancoradouro

Ancoradouro

Grupo de teatro non profesional creado en Cangas do Morrazo en 1982 polo profesor e poeta Xesús Vázquez Pintor. Desde os seus inicios especializouse na expresión xestual, no mimo e na pantomima. Entre os seus espectáculos, cómpre citar: Marcapasos (1985) e Querquellequer (1989).

Palabras veciñas

Ancorados | Ancorados | Ancorados, igrexa de San Tomé de | Ancoradouro | ancorar | Ancorar | ancoraxe