ancoraxe
(<áncora)
-
s
f
Acción e efecto de ancorar.
Ex: Se a ancoraxe quedou ben feita, non debemos preocuparnos polo temporal.
-
s
f
Conxunto de elementos destinados a fixar algo con firmeza.
-
s
f
[BIOL]
Invaxinación dunha parte da membrana celular no territorio da célula adxacente.
-
s
f
[CONSTR]
-
Aparello que serve para ligar fortemente dous elementos construtivos, especialmente o que serve para evitar desprazamentos horizontais: para ancorar a base dun pé verticalmente aos seus cimentos, unha máquina ao pavimento, uns tirantes aos dados de arrincada (nos arcos atirantados), etc.
-
Fixación que non queda confiada á forza da gravidade para ancorar un gancho ou unha ménsula a unha parede ou un chapado (de mármore, de pedra, etc) a unha parede vertical. Xeralmente son pezas que, pola súa forma ou función, aseméllanse a unha áncora ou ben adoptan a forma dun engaste de cola de anduriña.
-
Consolidación e inmobilización dunha vía con tirantes, tensores ou outros dispositivos que a fixen e eliminen toda clase de xogo lateral e lonxitudinal.
-
-
s
f
-
[MAR]
Acto de ancorar, particularmente un navío.
Ex: Vimos como ancoraban o barco no peirao de Bouzas.
-
[MAR]
Lugar axeitado para ancorar as embarcacións. Cómpre que estea resgardado do vento e do mar e que a natureza dos fondos permita que as áncoras se aferren (fondos duros, de arxilas ou de area, preferentemente).
Ex: A ancoraxe estaba completamente ateigada de veleiros e iates.
-
[MAR/ECON]
Imposición municipal que, polo menos dende o s XIV, tiñan que pagar os navíos por recibir a autorización para fondear nos portos e noutros lugares habilitados da costa. A comezos do s XVI os portos de Pontevedra e Lisboa eximiran mutuamente os seus barcos e mariños deste pago. A exacción foi unificada no ano 1851 co arancel de alfándegas e quedou refundida nos dereitos de ancoraxe da carga e descarga que recibían estes.
-
[MAR]