andarivel

andarivel

(

  1. s m
    1. Corda ou cable que atravesa un río e que serve para conter a leña que transporta a corrente ou que fai de guía a unha embarcación que o cruza.

    2. Mecanismo empregado para pasar ríos e cavorcos que non dispoñen de ponte. Consiste nunha corda pendurada pola que se despraza unha especie de cesta suxeita por dúas argolas.

  2. s m [MAR]
    1. Cabo utilizado nos navíos para izar ou arriar vergas ou mastros.

    2. Corda grosa que se pon ao costado dun barco para seguranza dos mariñeiros.

Palabras veciñas

andarego -ga | andarela | andarica | andarivel | andarríos | andas | andas