andas

andas

(

  1. s f pl

    Aparello formado por un taboleiro e dúas varas ou paos horizontais para ser sostida ou portada por dúas ou catro persoas. Emprégase para transportar persoas ou cousas, especialmente as imaxes da procesión.

    Ex: Levaron o Cristo en andas durante toda a procesión do Corpus.

    Sinónimos: angarellas, padiola.
  2. s f pl

    Taboleiro moi semellante ao que se leva nas procesións pero en forma de leito portátil. Emprégase para transportar xeralmente feridos ou lesionados. Pode ir provisto de rodas ou pode levarse coas mans.

    Ex: Caeu no monte e tivemos que improvisar unhas andas para poder levalo.

  3. s f pl

    Aparello formado por dúas barras longas, lixeiramente curvadas, unidas por catro barras curtas e cordas formando un tecido que, por unha parte, vai unido á besta de carga e, pola outra, é arrastrada empregándose para transportar feixes de herba, leña, louza, cerámica, etc.

    Ex: Nas andas que fabricaron podemos trasladar todo tipo de alforxas.

    Sinónimos: angarellas, padiola.
  4. s f pl

    Paos longos cunha estribeira ou resalte onde se apoian os pés e que se utilizan como muletas ou pernas para camiñar.

    Ex: Colle ben as andas, non vaias caer ó chan!

  5. Instrumento que se emprega para apertar os aros dos pipotes.

Sinónimos

Frases feitas

  • Levar/traer en andas. Tratar con moita sensibilidade, coidado ou cariño. Ex: Non te podes queixar, sempre te trae en andas.

Palabras veciñas

andarica | andarivel | andarríos | andas | andas | Andavao | andavía