angarellas
(< lat *angariellas
-
s
f pl
Taboleiro ou anaco de lona unido a dúas barras paralelas, que serve para levar cargas sobre o ombreiro entre varias persoas.
Ex: Colleron as caixas coa axuda das angarellas para levalas con comodidade.
Sinónimos: andas, padiola, andas. -
s
f pl
Aparello en forma de cama portátil destinado a mover enfermos, feridos, impedidos ou lesionados que necesitan urxentemente asistencia médica.
Ex: Levaron o ferido nas angarellas e metérono dentro da ambulancia.
Sinónimos: andas, padiola, andas. -
s
f pl
Aparello constituído por dous soportes ou traveseiros de madeira dispostos no lombo das bestas de carga para poderen transportar herba, palla, follas secas e outras cousas.
Ex: O boi transporta coas angarellas toda a herba seca que apañamos no campo.
-
s
f pl
[MAR]
Instrumento de madeira, feito con táboas transversais con respecto a dous varais, usado para transportar cousas á man. Era empregada polos mariñeiros para transportar os aparellos ata os secadoiros e tendais situados nas praias. Utilízase no transporte de redes non excesivamente pesadas. Se eran aparellos enteiros e de maiores dimensións, o transporte facíase por parellas de mariñeiros con cadansúa angarella e dispostos da forma axeitada para transportalo.