Anderson, Carl David
Anderson, Carl David
Físico norteamericano. En 1930 comezou un estudo exhaustivo das partículas ionizadas producidas polos raios cósmicos. Mediante unha cámara de Wilson observou en 1932 a existencia efectiva do positrón, partícula definida teoricamente por Dirac pero non observada ata ese momento. Con este descubrimento acadou o Premio Nobel de Física no ano 1936, que compartiu co seu colega Victor F. Hess.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Nova York -
Deceso
Lugar : San Marino, California