Anderson, Lindsay
Anderson, Lindsay
Realizador e crítico cinematográfico inglés. Foi o principal promotor e teórico do free-cinema. Iniciouse no cinema coa realización de documentais, nos que xa apuntaba unha decidida vontade testemuñal e crítica. En 1957 realizou o transcendental Every Day except Christmas (‘Todos os días agás Nadal’), obra básica do free-cinema. Con If (‘Se’,1969) gañou a Palma de Ouro do festival de Cannes dese mesmo ano. Tamén dirixiu Lucky Man (‘Home afortunado’, 1973) e The Whales of August (‘As baleas de agosto’,1987).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bangalore, Unión India -
Deceso
Lugar : Francia