andino -na

andino -na

(< topónimo Andes)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos Andes, á rexión dos Andes ou aos seus habitantes.

  2. s

    Habitante dos Andes ou da rexión dos Andes.

  3. área andina [ETN/ANTROPFÍS]

    Área cultural de América do Sur que se estende, aproximadamente, entre os 2° latitude N e os 30° latitude S na rexión dos Andes.

  4. rexión andina
    1. [BIOL/XEOG]

      Rexión bioxeográfica neotropical que comprende os pisos superiores dos Andes, dende o centro de Chile e Arxentina ata Colombia e o Ecuador.

    2. [XEOG]

      Rexión natural de América do Sur que comprende toda a área occidental do continente pola que se estende o cordal dos Andes e as rexións costeiras dende o N de Colombia ata a Terra do Fogo.