Andino, Pacto

Andino, Pacto
Nome científico: [ou Grupo Andino]
[ECON/POLÍT]

Organización creada en 1969 en Bogotá coa finalidade de formar un mercado común andino. Os asinantes foron Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Chile; Venezuela adheriuse en 1973 e Chile separouse en 1976. A organización ten o nome oficial de Acuerdo de Cartagena.