Andong
Andong
Cidade da provincia de Liaoning, China, na desembocadura do Yalu, a carón da fronteira con Corea do Norte (503.900 h [1990]). Centro industrial e porto pesqueiro. A cidade conserva un núcleo antigo amurallado que se agrandou coa construción do ferrocarril a Corea, o que lle conferiu importancia estratéxica.