andoriña

andoriña

(< lat dim *hirundina dehirundine ‘andoriña’)

  1. s f [ANIMAL/ORNIT]
    1. Nome dado a diversas aves da familia das hirundínidas que pertencen aos xéneros Delichon, Hirundo, Ptyonoprogne e Riparia. Caracterízanse por ter ás estreitas, patas e peteiro curtos, e cola gallada. Aliméntanse durante o voo de insectos e arácnidos. Son, na súa maioría, aves gregarias migratorias de orixe africana e de presenza estival en toda Europa, onde cría.

    2. andoriña común [port: andorinha-das-chaminés; cast: golondrina común; ingl: swallow] [Hirundo rustica, Fam dos hirundínidos]

      Ave de 19 cm de lonxitude coa parte superior negra azulada metálica; a inferior é branca, agás un colar negro, e a testa e a gorxa son rubias. Ten as patas e o peteiro negros, e a cola longa e negra, con pequenas pintas brancas, e as rectrices externas son moi longas. Está amplamente espallada por toda Galicia. Vencellada ao medio rural, constrúe niños en forma de cunca enriba de trabes e cravos de alpendres, cortes de gando ou casas.

    3. andoriña cubranca [port: andorinha-dos-beirais; cast: avión común; ingl: house martin] [Delichon urbica, Fam dos hirundínidos]

      Ave de 13 cm de lonxitude coa parte superior negra azulada, excepto a mitra que é branca; a inferior é branca. Ten as patas cubertas de penuxe branca e o rabo escotado, tamén branco. Atópase amplamente espallada por toda Galicia. Vencellada a núcleos urbanos, constrúe niños en colonias, pegados ás paredes das casas e cun pequeno buraco de entrada.

    4. andoriña dáurica [port: andorinha-daurica; cast: golondrina daurica; ingl: red-rumped swallow] [Hirundo daurica, Fam dos hirundínidos]

      Ave de 18 cm de lonxitude coa parte superior azul escura, bardante a caluga e a mitra que son arrubiadas; a inferior é castaña clara co eixe de moitas plumas máis escuro. Ten a cola moi esgallada, de cor azul escura por riba e por debaixo, coas rectrices máis anchas pero menos longas ca as da andoriña común. En Galicia aparece na área mediterránea. Constrúe un niño semellante ao da andoriña cubranca, pero cunha entrada tubular, baixo pontes e beirís de edificios.

    5. andoriña pedreira [port: andorinha-das-rochas; cast: avión roquero; ingl: crag martin] [Ptyonoprogne rupestris, Fam dos hirundínidos]

      Ave de 14,5 cm de lonxitude coa parte superior branca e a inferior branca terrosa, máis escura nas proximidades da cola, que é recta e cunhas pintas brancas visibles durante o voo. En Galicia é a única andoriña sedentaria. Atópase en paraxes montañosas abruptas e constrúe un niño, en forma de media cunca, en paredes verticais de cantís, pontes e grandes edificios.

    6. andoriña dos ribeiros [port: andorinha-das-barreiras; cast: avión zapador; ingl: sand martin] [Riparia riparia, Fam dos hirundínidos]

      Ave de 12 cm de lonxitude coa parte superior castaña e a inferior branca cunha banda pectoral tamén castaña. Ten a cola lixeiramente gallada. En Galicia é pouco común. As colonias de cría atópanse asociadas a terrazas de cursos fluviais, xa que escava os niños en taludes terrosos.

  2. s f [PLANTA]

    ceruda.

  3. s f [ANIMAL]
    1. volandeira.

    2. zamburiña.

Refráns

  • Andoriñas a rentes da auga, chuvia na praia.

Palabras veciñas

andoliente | Andong | Andong | andoriña | andoriñas | andorita | Andorra