Andrade y Fernández, Joaquín
Relixioso da Orde dos franciscanos. Ingresou no colexio de pasantes de Alba de Tormes en novembro de 1770 e concluíu o seu trienio no ano 1773. Xa no 1786 exerceu como discreto no convento de San Francisco de Santiago e o 10 de xuño de 1790, desempeñando o cargo de gardián do convento de Lugo, fixo o acostumado xuramento de examinador sinodal. No ano 1804, data da súa morte, ocupaba o cargo de gardián do convento de Ferrol. A súa obra está en relación coa situación que ocupaba de predicador xeral. Así, publicou as obras: Sermón que en acción de grazas por el feliz nacimiento de los señores infantes gemelos Carlos y Felipe... dijo en Betanzos, el 26 de diciembre de 1783, el P. ____ (1784) e Elogio fúnebre que en honor del católico rey d. Carlos III dijo, en el día 23 de enero del año de 1789, en la iglesia de N. P. San Francisco de la villa de Ferrol, el P. ___(1789).
Cronología
-
Deceso