Andrés i Morell, Joan
Andrés i Morell, Joan
Eclesiástico e erudito valenciano. Escribiu obras científico-filosóficas ou de erudición humanista, como Sagio della filosofia di Galileo (‘Ensaio da filosofía de Galileo’), publicada en 1766. A súa obra capital é Dell’origine, progresi e stato attuale d’ogni letteratura (‘Das orixes, progreso e estado actual de todas as literaturas’), escrita nos anos 1782-1799, na que ofrece unha valoración da cultura grecolatina como base de toda a cultura europea e analiza a influencia dos árabes hispanos na orixe da poesía rimada.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Planes de la Baronia, Alacant -
Deceso
Lugar : Roma