Andrić, Ivo
Andrić, Ivo
Novelista e poeta bosnio que escribía en lingua serbia. Antes da Primeira Guerra Mundial foi detido polos austríacos. Na súa estancia en prisión escribiu o libro de meditacións líricas Ex Ponto (1918). Durante a Segunda Guerra Mundial, retirado da política, escribiu a triloxía Na Drini cúprija (‘A ponte sobre o Drina’), Travnička kronika (‘A crónica de Travnik’) e Gospodjica (‘A señorita’), que fixeron del unha das figuras literarias máis respectadas do seu país. En 1961 foille outorgado o Premio Nobel de Literatura.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Dolac, Bosnia -
Deceso
Lugar : Belgrado