Andrónico, Lucio Livio
Andrónico, Lucio Livio
(< lat Lucius Livius Andronicus)
Poeta latino. Foi levado cativo a Roma, e máis tarde foi liberado polo seu amo. Deu a coñecer as obras clásicas gregas, adaptándoas e imitándoas e mesmo traduciu a Odisea. Durante a Segunda Guerra Púnica foille encargado un himno, polo cal está considerado como o iniciador da lírica latina.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Tarento -
Deceso
Lugar : Roma