Andros, Illa

Andros, Illa

A máis extensa do arquipélago das Bahamas, situada ao L da punta meridional de Florida (5.957 km2; 8.180 h [1990]). É baixa, areosa, con lagos e atravesada por canais navegables e polo río Goose (25 km), o único das Bahamas. Industria pesqueira e turística. A illa foi chamada ‘Isla del Espíritu Santo’ polos españois.