Anduriña
Revista compostelá bilingüe aparecida no nadal de 1984 e subtitulada “Revista de Cultura”. Cesou nos primeiros meses de 1988. Coordinada por Luís Alonso Girgado, G. Domínguez Santos, X. Lens Tuero, Xesús Rábade Paredes, Xosé Sánchez Reboredo e Manuel Quintáns Suárez, colaboraron nela Torres Queiruga, R. Irago Silva, o doutor Xisto Seco, Antonio Fraguas, Fernández del Riego e outros. Editada pola Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, a súa temática era cultural, histórica e literaria. Dirixíase aos Centros Galegos, Casas de Galicia e Asociacións galegas espalladas polo mundo. Dedicou tamén monográficos a Valle-Inclán e Castelao, amais de traballos sobre poetas como Cabanillas, Rosalía, Curros, Pimentel, Gerardo Diego e Lorca.