Ádega, santa

Ádega, santa

Virxe e mártir en Catania (Sicilia) aos 13 anos durante a persecución de Decio, no 251. O prefecto Quintiano, ao non conseguir seducila, meteuna nun bordel onde sería cruelmente torturada. Primeiro sometérona a violación ritual, aínda que non perdeu a virxinidade; e logo esnaquizáronlle os peitos, pero curouna san Pedro, finalmente, morreu tras ser deitada   nun leito cheo de vidros escachados e de carbóns ardendo. A tradición local di que no seu cabodano o volcán Etna entra en erupción. Para certos mitólogos, a lenda desta santa é a cristianización da historia da deusa grega Agathé Thea ou Bona Dea, moi venerada en Sicilia, divindade feminina que xa tiña como atributo os seos, símbolo da fertilidade. A tradición popular aplícalle tamén a lenda grega da tea de Penélope. A   súa festa celébrase o 5 de febreiro. Na tradición oral recóllense cantigas como:   “Gloriosa é santa Ádega e das santas a rival, que lle cortaron o peito, igual que se corta o pan”.