Adrián VI
Adrián VI
Nome que adoptou Adrián Floriszoon, coñecido tamén, despois de ser elexido Papa, como Adrián de Utrecht (1522-1523). Antes, na Península Ibérica (1515) xestionara a cuestión da sucesión de Fernando o Católico en favor de Carlos de Gante, futuro Carlos I. Foi Bispo de Tortosa (1516-1522), Cardeal (1517) e Inquisidor Xeral da coroa catalano-aragonesa (1517-1522). Ordenou as primeiras disposicións inquisitoriais contra os luteranos (1521), a instancias do Papa León X. Nomeado Rexente de Castela (1520-1522), houbo de enfrontarse co movemento das Comunidades de Castela (1520-1521). En política exterior, unha vez elexido Sumo Pontífice, púxose do lado do Emperador Carlos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Utrecht -
Deceso
Lugar : Roma