Afonso VIII
Rei de Castela (1158-1214). Fillo de Sancho III e de Branca de Navarra. Concertou o Tratado de Cazola (1179) con Afonso II de Aragón, que delimitaba as zonas da conquista; quen interveu nas loitas de Afonso VIII contra Sancho VI de Navarra e na conquista de Cuenca (1177). Despois distanciouse de Afonso II, xa este asinara o Pacto de Huesca (1191) contra Castela. Pedro I restableceu as relacións e loitou con Afonso VIII contra Navarra e León. Os almohades derrotaron o Rei de Castela na Batalla de Alarcos (1195); sen embargo, nas Navas de Tolosa (1212) foron vencidos polos reis de Aragón, Castela e Navarra. Afonso VIII incorporou Araba e Gipuskoa a Castela (1200) e conseguiu a posesión case total da Gascuña. Dende a perspectiva cultural, é importante o apoio que prestou ao movemento monástico, así como a fundación de escolas catedralicias e do Estudio General de Palencia. Entre os trobadores occitanos que pasaron pola súa corte ou fan referencia a este monarca atópanse algúns tan destacados como Bertran de Born (estreitamente vinculado á familia Plantagenet), Peire Vidal, Giraut de Bornelh, Guillem de Berguedà, Aimeric de Peguilhan, Gavaudan, Perdigon, Peire Guilhem de Tolosa, Guillem de Cabestany ou Raimon Vidal de Besalú. Os historiadores españois ao elaborar a listaxe dos reis de España tiveron a necesidade de situar temporalmente a este rei castelán, que nunca reinou en Galicia ou León, entre Afonso VII de Galicia e León e de Castela e Afonso VIII de Galicia e León, optando por designar a este como Afonso VIII (realmente foi o primeiro de Castela, o terceiro se temos en conta que tamén reinaron sobre Castela Afonso VI e VII de Galicia e León) e a Afonso VIII de Galicia e León como Afonso IX.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Soria -
Deceso
Lugar : Gutierre Muñoz, preto de Arévalo