Agostiño de Canterbury, santo
Agostiño de Canterbury, santo
Bispo de Canterbury. Foi predicar o evanxeo a Inglaterra como misioneiro no 597 dende o mosteiro romano de Santo Andrés por orde do Papa Gregorio Magno. Apoiado polo Rei Etelberto de Kent, a quen xa convertera, predicou a moita xente e fundou abundantes igrexas, a maior parte delas no Reino de Kent. Encontrou hostilidade no clero céltico de Gales, moi aferrado ás tradicións propias. No 601 foi consagrado Bispo de Canterbury. A súa festa celébrase o 27 de maio.