Ahvāz
Ahvāz
Capital do ostān de Khuzestán, en Irán, próximo a Rud-e Karun (828.380 h [1994]). Importante centro de comercio árabe na época medieval, experimentou un rápido desenvolvemento durante o s XX a causa da súa situación na liña do ferrocarril transiraniano e a súa proximidade cos campos petrolíferos da provincia. É, tamén, un nó de estradas é de oleodutos. Ten universidade e aeroporto. En 1980, durante a Guerra Irán-Iraq, as súas industrias e liñas de comunicación foron seriamente danadas.