Amrítsar
Amrítsar
Cidade do Estado de Panjāb, na India, ao leste de Lahore e preto da fronteira con Paquistán. (708.835 h [1991]). Centro comercial e manufactureiro dunha rexión semiárida irrigada por canais conectados aos ríos Byās e Rāvī. O Templo de Ouro, santuario principal dos Sikhs, fundado por Ramdas, cuarto gurú, atópase dentro da cidade e o seu estanque considerado sagrado, Amrita Saras, dá nome á cidade.