Anastasia de Roma, santa
Anastasia de Roma, santa
Martirizada durante a persecución de Nerón, esta santa é avogosa de que a masa do pan saia boa. Segundo testemuñan as Memorias de Del Hoyo, antano existiu en terras de Muros o arcediagado de santa Tasia.