anemómetro
(
-
s
m
[METEOR]
Instrumento para medir a velocidade dun fluído gasoso, en particular do aire. Emprégase principalmente en meteoroloxía para determinar a velocidade do vento.
-
anemómetro de fío quente térmico
[METEOR]
Anemómetro baseado na medida do enfriamento producido nun fío eléctrico polo efecto dunha corrente de aire. Utilízase especialmente para medir correntes tenues.
-
anemómetro de hélice
[METEOR]
Anemómetro de indicación instantánea formado por unha hélice directamente encaixada a un xerador eléctrico e de funcionamento similar ao anemómetro de Robinson. A hélice e o xerador oriéntanse sempre cara ao vento por medio dunha aleta de dirección e, mediante un sistema de indicación de posición, pódese ler tamén a dirección do vento.
-
anemómetro de Pitot
[METEOR]
Emprégase sobre todo para medir correntes de aire intensas, en túneles aerodinámicos ou en avións.
-
anemómetro de Robinson
[METEOR]
Anemómetro de indicación instantánea da velocidade formado por tres superficies hemisféricas xiratorias con concavidade dirixida sempre no mesmo sentido que, impulsadas pola corrente de aire, transmiten mediante un eixo vertical o seu movemento a un xerador eléctrico ou a un encaixe magnético. A forza electromotriz, a frecuencia ou o par xerado son proporcionais á velocidade do vento, de xeito que se pode obter medindo estas magnitudes cos aparellos correspondentes, previamente calibrados en metros por segundo.
-
anemómetro de roda de paletas
[METEOR]
Anemómetro composto por unha roda de paletas que xira impulsada pola corrente de aire. A roda está mecanicamente encaixada a un contador de voltas calibrado para indicar os metros equivalentes ao espacio percorrido polo aire que pasa a través das paletas no intervalo de tempo que dura a medición.
-
anemómetro iónico
[METEOR]
Anemómetro baseado na desviación dun feixe iónico que o vento produce durante o percorrido entre a fonte emisora e o electrodo receptor.
-
anemómetro sónico
[METEOR]
Anemómetro baseado na medición do tempo que tarda unha onda ultrasónica en percorrer a distancia coñecida entre un emisor e un receptor.