anémona

anémona

(< lat anemōne < grἀνεμώνη)

  1. s f [PLANTA]
    1. Planta herbácea perenne do xénero Anemone de rizoma reptante, follas basais e flores apétalas de sépalos petaloideos de cores diversas. En Galicia atópanse dous taxons propios de bosques e lugares húmidos: A. nemorosa, de anteras amarelas e follas tripartidas en foliolos lanceolados, e A. trifolia albida, de anteras brancas e follas tripartidas en foliolos lobados; esta última é un endemismo galego.

    2. Flor da planta do mesmo nome.

  2. s f [ANIMAL]

    Antozoo da orde actiniarios solitario e sedentario, de corpo cilíndrico que acada uns 10 cm de altura e sen esqueleto calcario duro. Ten a base modificada para adherirse ás rochas e a abertura oral rodeada de tentáculos urticantes non retráctiles, que poden acadar ata 15 cm de lonxitude e que os emprega para capturar as presas. En Galicia e no resto do litoral Atlántico son comúns as especies pertencentes aos xéneros Anemonia, Bunodactis e Condylactis.

    Confrontacións: actinia, apegón.

Palabras veciñas

anemometría | anemométrico -ca | anemómetro | anémona | Anemone | anemónimo | anemonina