ánfora
(
-
-
s
f
[ARQUEOL/ARTESAN]
Vasilla cerámica de gran tamaño, sempre con dúas asas, moi empregadas na Antigüidade para conservar e transportar alimentos sólidos e líquidos. Aínda que o uso das ánforas estivo moi difundido durante a época romana, tamén existiron entre os tipos cerámicos gregos, púnicos, etc. Os tipos gregos máis antigos presentaban curva continua en ombreiro e corpo, mentres que nos exemplares máis modernos e nos romanos diferéncianse a parte alta da ánfora (colo e bico) do resto do corpo da vasilla. En Grecia hai que distinguir a ánfora corrente da ánfora fina, pintada, especialmente as ánforas panatenaicas que se ofrecían aos vencedores das panateneas. Ao longo do Imperio Romano, debido ao seu uso masivo, foron moitos e diferentes os tipos de ánforas que se produciron; os exemplares rematados en pivote empregábanse, preferentemente, para almacenaxe ou transporte de gran, aceite, viño e garum, mentres que as de base plana eran empregadas para conter auga e, posiblemente, viño. Durante o Baixo Imperio Romano utilizouse tamén como urna funeraria. As ánforas romanas para o vinagre (vinagriae) e para o aceite (oleariae) foron fusiformes durante a República e máis redondas en tempos do Imperio. As ánforas fenicias e as cartaxinesas teñen forma de landra, ou de corpo troncocónico ou fusiforme con pescozo de funil. A tipoloxía das ánforas está ben estudada e documentada e serve para a datación de niveis arqueolóxicos (táboas de clasificación de Dressel, Beltrán, Almagro e outros). Segundo Naveiro, en Galicia predominan dous tipos Dressel; se ben é posible que en Bueu houbese un forno de ánforas, a abundancia de determinados tipos explícase pola especialización dos usos no comercio galaico-romano máis que pola produción autóctona.
-
ánfora panatenaica /
[ARQUEOL/DEP]
Recipiente que, cheo de aceite, se lle entregaba ao atleta vencedor nalgunha proba das festas panatenaicas a modo de premio polo seu triunfo. A maioría delas están decoradas con figuras negras, mesmo as dos séculos V e IV a C, cando xa non se empregaba este tipo de decoración nas vasillas.
-
s
f
[ARQUEOL/ARTESAN]
-
s
f
[ARQUEOL/METROL]
Medida de capacidade para líquidos utilizada polos gregos e polos romanos con valores diferentes: a ánfora grega equivale aproximadamente a 40 litros; a ánfora romana equivale, tamén aproximadamente, a 26’5 litros.
-
s
f pl
[RELIX]
Xerras que empregan os bispos para consagrar os óleos.