Ánfora
Ánfora
Publicación cultural trimestral e bilingüe de Verín editada en 1985. Formaban o consello de redacción: Baldomero Vázquez, Pilar González, Benito Salgado, Fernando Barreira, Alfonso Sola e Xaime Noguerol, entre outros. Ilustrada por Laura Vilas, incluía reproducións de óleos de Manuel Fornos. No número de abril de 1986 conta coas colaboracións de X. Lourenzo, A. Tovar, Camilo Franco, M. A. Fernández, Pura e Dora Vázquez, Pilar González Gallego e María Xosé García Dobarro. Trata temas artísticos, cine galego, historia do concello, música e antoloxías de poemas de Lorca, Aleixandre, Leopoldo de Luís e Miguel Hernández, nas seccións “Ánfora das letras” e “Verín na voz dos poetas”.