anglonormando -da
(< anglo- + normando)
-
adx
Relativo ou pertencente aos normandos que quedaron en Inglaterra despois da conquista normanda e aos seus descendentes. Aplícase ao reino inglés e ao ducado de Normandía baixo a mesma soberanía.
-
s
Individuo orixinario de Normandía establecido en Inglaterra a consecuencia da conquista do país (1066) por Guillerme o Conquistador, duque de Normandía.
-
s
m
[LING]
ariante antiga da lingua de oïl, transplantada a Inglaterra despois de ser conquistada polos normandos (1066). Á base lingüística normanda, sobreponse unha capa anxevina, mestura que fai a miúdo que se disolvan os trazos específicos pola imitación do francés continental e a influencia da lingua literaria.
-
literatura anglonormanda
Literatura importada a Inglaterra no 1066 coa invasión dos normandos e que, escrita no seu dialecto, perdura ata finais do s XIV. A pesar da introdución de elementos ingleses considérase unha variante da literatura francesa. Coñécense máis de 400 textos anglonormandos. Cultiva a canción de xesta (Waldef, Horn e Rimenhild, Bovon de Hanstone), o lai (Havelok, Désiré, Du cor) e a novela cabaleiresca (Amadas et Ydoine). Tamén se conservan obras históricas (Estoire des Eingles, de Geoffrey Gaimar, s XII), relixiosas, didácticas, morais e unha lírica practicamente descoñecida.