anglosaxón -na

anglosaxón -na

(< anglo- + saxón)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente aos pobos anglosaxóns.

    2. Relativo ou pertencente aos individuos de lingua e cultura inglesa, de procedencia inglesa.

  2. s [HIST]

    Pobos xermánicos que invadiron Inglaterra no s V. Os pobos xermánicos ingleses, saxóns e xutos, establecidos en Inglaterra no s V, foron ao comezo designados comunmente como saxóns, aínda que o apelativo inglés se atopa xa en Tácito; no s VI Paz Diaca crea o termo para distinguir os saxóns de Inglaterra dos do continente. Despois dun longo período de vacilacións a expresión foi retomada por William Camden no 1586.

  3. s m [LING]

    inglés.

  4. escritura anglosaxona

    Escritura usada polos pobos anglosaxóns entre os ss VI e XII. Coa difusión do Cristianismo, tomaron como modelo a letra dos manuscritos latinos importantes directamente, ou ben a través dos manuscritos irlandeses. Deriva da “nova cursiva romana”.

  5. literatura anglosaxona

    Literatura que se desenvolveu en diversos dialectos anglosaxóns en Inglaterra do s V ata o s XI, e que foi acantoada baixo a influencia anglonormanda. A primeira etapa (ss V ao VII), caracterizouse pola literatura pareomolóxica e a dos scopas. Na segunda (ss VII ao VIII), xurdiron elexías e cantos épicos como o Beowulf. Foi entón cando conviviu coa literatura latina provocada pola chegada do Cristianismo. A terceira (ss X-XI), estivo presidida polo reinado de Alfredo o Grande, quen impulsou as traducións e a redacción da Crónica anglosaxona, e na cuarta e derradeira etapa iniciouse a decadencia. A produción poética foi a que acadou un maior nivel literario; sen embargo, a influencia na creación da prosa inglesa foi decisiva durante o reinado de Alfredo o Grande.