Angustias
Angustias
[ONOM]
O antropónimo feminino Angustias procede, etimoloxicamente, do substantivo común latino angustia ‘angustia, aflición’ e este, á súa vez, do latín angustus ‘angosto, estreito’. O xermolo deste nome está na advocación granadina da Virxe, a Nosa Señora das Angustias. A súa festividade celébrase o 15 de setembro, agás en Boiro, onde se conmemora o 25 de maio.