Anheuser Busch
Anheuser Busch
Sociedade multinacional norteamericana, con domicilio en Saint Louis, no estado de Missouri. Iniciou as súas actividades como fabricante de cervexa -Budweiser-, e despois ampliounas ao sector alimenticio. É o terceiro grupo americano no campo das bebidas. En España controla a sociedade Bimbo SA e é un dos accionistas maioritarios do parque de atraccións Port Aventura.