anhidrasa carbónica

anhidrasa carbónica
s f [BIOQ]

Enzima dos eritrocitos, da mucosa gástrica e da cortiza renal, que contén un átomo de cinc por molécula, e que cataliza basicamente a deshidratación reversible do ácido carbónico. Intervén, no sangue, no transporte de CO2 e na súa eliminación a través dos pulmóns; no estómago, na secreción de ácido clorhídrico, e no ril, na retención dos bicarbonatos.

Palabras veciñas

anhelo | anheloso -sa | Anheuser Busch | anhidrasa carbónica | anhidremia | anhídrido | anhidrita