Anido, Anxo

Anido, Anxo

Médico. Estableceuse en Vigo onde dirixiu o Hospital da Casa-Hospicio. No 1876, embarcouse cara a Montevideo onde exerceu a súa profesión ata 1882, momento no que se trasladou a Bos Aires. Coa idea de homenaxear a Rosalía de Castro, organizou no 1897 un acto literario e musical. En 1899, empezou a organizar tertulias na súa casa onde se reunían os intelectuais galegos de Bos Aires. Colaborou como articulista no Almanaque Gallego e foi presidente da Asociación Patriótica Española (1900-1901).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso

    Lugar : Arxentina