Aniello, Tommaso

Aniello, Tommaso

Dirixente revolucionario napolitano máis coñecido como Masaniello. De familia menestral, era vendedor de peixe. Hábil, pero de carácter violento, estivera na prisión do almirantado, onde conseguiu pórse en contacto cos burgueses que máis tarde mantiveron a súa revolta. O establecemento dun imposto sobre as froitas, entre xuño e xullo de 1647, provocou unha verdadeira revolta que deu o poder municipal a Masaniello. Unha vez no poder organizou a milicia cidadá revolucionaria e refixo a administración local. A represión que iniciou contra a nobreza e antigos partidarios seus, así como a súa vida, ostentosamente luxosa, motivou que fose asasinado polos seus inimigos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Amalfi, Campania

  • Deceso

    Lugar : Nápoles