anilida

anilida
s f [QUÍM]

Nome xenérico das amidas substituídas no nitróxeno por un grupo fenilo, de fórmula xeral RCONHC6 H5. Pódense obter por reacción dun cloruro de ácido con anilina e empréganse como derivados característicos para identificar e determinar a composición dos ácidos carboxílicos. Desígnanse coma as amidas non substituídas, empregando a terminación -anilida, en lugar de -amida.

Palabras veciñas

Aniene | anil | anileridina | anilida | anilina | anilinio, ión | anilismo