animus*

animus*
  1. s m [DER]

    Intención ou vontade interna do autor dun acto. É necesario para a validez de certos actos ou asuntos xurídicos ou para a comisión dalgúns delitos. Emprégase, entre outras, nas locucións animus donandi ou intención de facer doazón, animus lucrandi (ánimo de lucro) ou intención de obter beneficios económicos e animus iniuriandi ou intención de facer inxuria.

  2. s m [PSIC]

    Segundo a psicoloxía de C.G. Jung, é o arquetipo da psique feminina que representa a súa masculinidade inconsciente.

Palabras veciñas

ánimo | animosidade | animoso -sa | animus* | aniñadoiro | aniñador -ra | aniñante