anisidina

anisidina
Nome científico: [metoxianilina: CH<sub> 3</sub> OC<sub> 6</sub> H<sub> 4 </sub> NH<sub> 2</sub> ]
s f [QUÍM]

Nome xenérico das tres metoxianilinas isómeras orto, meta e para. Obtéñense por metilación dos aminofenois correspondentes e tamén -os isómeros o e p- por redución dos nitroanisois. Son absorbibles pola epiderme e dan lugar a irritacións e sensibilizacións. As tres empréganse na fabricación de colorantes azoicos.

Palabras veciñas

Anisiano | anisiano -na | anísico -ca | anisidina | anisilo | Anisio/Anisia | anisocitose