Anisio/Anisia
Anisio/Anisia
[ONOM]
Nome derivado probablemente do grego ánisos ( ἄ νισος) ‘desigual, anís’; xa que logo, co valor de ‘perfumado, que arrecende a anís’. Hai tamén quen di que procede do grego ánysis ( ἄ νυσις) ‘remate, proveito, remedio’; polo tanto, ‘perfecto’. En calquera caso, semella un nome augural que contén un desexo ou agoiro positivo implícito como acontece con Perfecto, Preciosa, Benvido, Boaventura, etc. Santa Anisia foi mártir en Salónica (s IV) e santo Anisio (s V) foi bispo da mesma rexión. A súa festividade celébrase o 30 de decembro.